viernes, 29 de marzo de 2024 00:00h.

CONECTA PEME 2018 lánzase enmarcado no Plan Galicia Innova 2020

Nesta edición do CONECTA PEME se valorarán máis os proxectos máis próximos ao mercado e que fomenten a creación de emprego. Tamén aumenta a tres o número mínimo de empresas que teñen que  participar nun consorcio.

Conecta_Peme_2018
Conecta Peme 2018. Acto de presentación en Santiago.

A convocatoria do CONECTA PEME está dirixida a apoiar proxectos de I+D+i de consorcios  de empresas e está enmarcado no Plan Galicia Innova 2020 co lema Galicia 2020: un territorio para innovar. A convocatoria fomenta a cooperación entre axentes.

Nesta cuarta edición o orzamento medrará un 8% respecto da anterior, ata 27 millóns de euros. Está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Espérase mobilizar un total de 50 millóns de euros a través de arredor de 70 proxectos de I+D+i.

Nesta edición se valorarán máis os proxectos máis próximos ao mercado e que fomenten a creación de emprego. Tamén aumenta a tres o número mínimo de empresas que teñen que  participar nun consorcio. O máximo son 6. O orzamento dos proxectos debe ser de entre 500.000 e 1,5 millóns de euros. Os proxectos deben estar aliñados cos retos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e valorase a participación dun centro de investigación.

A convocatoria foi presentada nunha xornada en Santiago de Compostela pola directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey.