19:38h. Lunes, 21 de octubre de 2019

Publicadas as axudas aos proxectos Piloto Industria 4.0 do IGAPE

Os clústers da automoción, da madeira, do naval e alimentario foron premiados na categoría de Industria 4.0, e na categoría Fábrica Virtual foi premiada a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (ASIME).

Axudas do IGAPE a Industria 4.0 / Pixabay
Axudas do IGAPE a Industria 4.0 / Pixabay

O IGAPE ven de facer pública a resolución dos premios e axudas aos proxectos Piloto Industria 4.0 en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014- 2020.

Os premios contemplan catro proxectos sectoriais na categoría de Industria 4.0, un proxecto na categoría Fábrica Virtual e un proxecto na categoría TIC industrial. A contía de premio é de 25.000 € cada un para organismo intermedio, e subvencións individuais ás pemes integrantes do proxecto.  As subvencións son do 35% para as pequenas empresas e do 25% para as medianas. As subvencións das colaboracións externas son do 50%.

Os premiados desta segunda edición foron os clústers da automoción (CEAGA), da madeira (CMD), do naval (ACLUNAGA) e alimentario (CLUSAGA). Na categoría Fábrica Virtual foi premiada a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (ASIME). O premio Piloto 4.0 na categoría de TIC INDUSTRIAL declárase deserto.