lunes, 09 de diciembre de 2024 00:02h.

Startups galegas do sector automoción presentadas no Booster Day de Poissy

Ingeniería y Control Merasys e Situm Technologies participaron na primeira edición da Business Factory Auto.

Business_Factory_Auto
Representantes de Merasys e Situm no Booster Day / Xunta de Galicia

As empresas Ingeniería y Control Merasys e Situm Technologies presentaron as suas solucións innovadoras no Booster Day que se desenvolveu en Poissy, Francia. As startups galegas foron seleccionadas por PSA na Business Factory Auto entre as 20 mellores empresas innovadoras a nivel europeo.

Os dous proxectos participaron na primeira edición da Business Factory Auto creado pola Xunta de Galicia,  Zona Franca de Vigo, o PSA e o Clúster de Automoción, para desenvolver proxectos innovadores do sector da automoción.

MERASYS desenvolve equipos de monitorización sensórica remota adaptados ás necesidades do cliente e SITUM  desenvolve un servizo de posicionamento en interiores para smartphones sen necesidade de infraestrutura e co proceso de despliegue máis rápido.

Os representantes das startups galegas estiveron acompañados polo director do Igape, Juan Cividanes, e pola delegada da  Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa.