viernes, 29 de marzo de 2024 12:58h.

Presentación das conclusión do estudo Oportunidades Industria 4.0 en Galicia

Inclúe un diagnóstico do nivel tecnolóxico actual nos dez sectores industriais estratéxicos da economía de Galicia, en base ao seu peso en termos de PIB: aeronáutica, agroalimentación e bio, automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, metalmecánico, naval, pedra natural, téxtil/moda e TIC.

12,00 h.-   O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participará na xornada sobre Oportunidades Industria 4.0 en Galicia. Na sala de convencións (monte Gaiás, s/n). 
foto xoán crespo
20/03/18
Xornada Oportunidades Industria 4.0 en Galicia

A presentación deste  estudio, impulsado pola Xunta de Galicia, a través do Igape, coa colaboración da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga), celebrouse na CIdad da Cultura de Santiago de Compostela o día 20 de marzo.

Inclúe un diagnóstico do nivel tecnolóxico actual nos dez sectores industriais estratéxicos da economía de Galicia, en base ao seu peso en termos de PIB: aeronáutica, agroalimentación e bio, automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, metalmecánico, naval, pedra natural, téxtil/moda e TIC.

O 75% das empresas TIC galegas teñen competencias nas ferramentas de xestión masiva de datos (big data, cloud computing e data analitics), sistemas ciberfísicos e Internet das cousas.

Sectores como a aeronáutica, a agroalimentación e bio, e a automoción son os que se atopan á vangarda tecnolóxica. Para continuar co proceso de dixitalización a opción más interesante considérase a do big data.

Despois do big data as outras tecnoloxías nas que estiman investir as empresas son a simulación, modelización e virtualización, robotización e automatización, interacción persoa-máquina, sistemas ciberfísicos ou seguridade.

A produción é o ámbito onde ven maior potencial de mellora coa incorporación das tecnoloxías 4.0, seguido do das persoas, os produtos e, en cuarto lugar, a calidade.

O acto foi clausurado polo Conselleiro Francisco Conde. Na súa intervención insistiu en que a transformación dixital é un paso obrigado para todas as empresas e animou a aproveitar as infinitas posibilidades da tecnoloxía en beneficio da sociedade e da economía, xa que determinará a competitividade das empresas.