sábado, 20 de abril de 2024 02:03h.

O Hub de Gas Natural Licuado (GNL) de Reganosa, prioridade nas políticas industriais e enerxéticas

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde insistiu na formación dunha mesa para traballar no desenvolvemento no desenvolvemento do Gas Natural Licuado e unha aposta pola economía verde.

Hub_GNL_Reganosa
Hub_GNL_Reganosa

Representantes de Reganosa, Gas Natural Fenosa, Navantia, Universidade da Coruña, Autoridade Portuaria de Ferrol e Xunta de Galicia participaron nunha xornada sobre o Hub de Gas Natural Licuado (GNL) de Reganosa, celebrada en Ferrol o 24 de novembro.

Francisco Conde, conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, declarou que o Hub é unha prioridade nas políticas industriais e enerxéticas da Xunta de Galicia, poñendo a disposición herramentas como as Unidades Mixtas de Investigación ou a Compra Pública Innovadora.

Conde insistiu na formación dunha mesa permanente entre os representantes para traballar no desenvolvemento de infraestruturas e na xeración de demanda, para camiñar xuntos no reto que supón conseguir que Galicia vaia por diante no desenvolvemento desta fonte enerxética moi vinculada a oportunidades de negocio e fixación de tecido industrial, a través da aposta pola economía verde.