jueves, 28 de marzo de 2024 00:38h.

Celébrase na Coruña a XXII Noite das Telecomunicacións

A gala de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

noite_telecomunicacions_2017
Noite das Telecomunicacions 2017 / Ingeniería en Galicia

O Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións celebrou onte, no edificio Palexco da Coruña, a XXII Noite das Telecomunicacións, gala na que se entregaron os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Nesta nova edición, a Noite das Telecomunicacións contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Na súa primeira intervención o novo decano, Julio Sánchez Agrelo, tivo verbas de lembranza e agradecimiento do seu predecesor, Ramón Bermúdez de Castro.

Os premiados nesta edición foron:

  • Premio Enxeñeiro do Ano para Paulino González Pan. Entregado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
  • Premio Socia de Honra para Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Entregado por Julio Sánchez Agrelo.
  • Premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC para Situm Technologies, unha nova empresa de produtos tecnolóxicos relacionados co posicionamento en espazos interiores. Entregado por Gerardo García Alvelo.
  • Premio ó Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais para a empresa Balidea, polo seu proxecto UnderstAID, unha plataforma de asistencia a persoas que coidan de pacientes con demencia
  • Premio GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ó sector TIC para Alejandro Ramos Soto, pola tese "Aplicación de conxuntos difusos en sistemas de date-to-text".
  • Premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións para FINSA pola súa evolución cara a produtos de alto valor engadido, na cadea de transformación da madeira.
  • Premio ó Mellor expediente académico do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo  para Víctor Manuel Segura Sieiro.

O presidente da Xunta pechou o acto. Alberto Núñez Feijóo, garantiu o compromiso coa transformación dixital de Galicia, e sinalou varios proxectos como a elaboración da Axenda Dixital 2020, o plan director de ciberseguridade, ou a  adaptación ao novo regulamento europeo de protección de datos. Destacou que o sector tecnolóxico ven de  incrementar o número de empresas e superar o ano pasado, os 16.000 empregos de alta cualificación.