jueves, 18 de abril de 2024 18:44h.

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías obtén a acreditación María de Maeztu

O recoñecemento foi otorgado pola Axencia Estatal de Investigación, nun acto presidido pola secretaria de Estado de I+D+i.

fisca_altas_enerxias
O recoñecemento foi otorgado pola Axencia Estatal de Investigación / Xunta de Galicia

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), dependente da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia, obtivo a acreditación María de Maetzu, distinción á investigación científica de excelencia en España.

O recoñecemento foi otorgado en Madrid  o pasado 18 de setembro pola Axencia Estatal de Investigación, organismo dependente do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

O acto de recoñecemento foi presidido pola secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela e tamén contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.