20:18h. Lunes, 21 de octubre de 2019

Galicia avanza no deseño do seu modelo de economía circular

Tomará como referencia a Estratexia Estatal de Economía Circular, ainda en borrador. Tratáse dun modelo productivo baseado no criterio multierre: repensar, reutilizar, reciclar ou refrabricar.

Cruz Ferreira, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático / Xunta de Galicia
Cruz Ferreira, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático / Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, presidida pola enxeñeira industrial Beatriz Mato, está a traballar na elaboración  dunha estratexia para a implantación en Galicia da chamada “economía circular”.

Tratáse dun modelo productivo baseado no criterio multierre: repensar, reutilizar, reciclar, refrabricar, etc. para maximizar os recursos e reducir a xeración de residuos.

O modelo galego tomará como referencia a Estratexia Estatal de Economía Circular, ainda en borrador. Na presentación deste, realizada en Madrid o 18 de setembro, participou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira. O evento foi organizado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.