20:16h. Lunes, 21 de octubre de 2019

Demostración do dron mariño de INDRA

Trátase dunha embarcación que se pode pilotar de xeito remoto para diferentes usos como misións de busca e rescate, vixilancia, control aduaneiro ou investigación medioambiental.

Demostración do dron de INDRA en Redondela / Xunta de Galicia.
Demostración do dron de INDRA en Redondela / Xunta de Galicia.

A empresa INDRA presentou hoxe en Redondela un dron mariño. O proxecto é parte do programa do polo tecnolóxico e industrial de Rozas-Lugo, no que a multinacional é un dos socios industrias estratéxicos xunto con Babcock.

Esta embarcación é froito da experiencia e traballo de Indra coa colaboración da Universidade de Vigo, diversas empresas galegas e centros tecnolóxicos, e conta tamén co apoio da Administración.

Trátase dunha embarcación que se pode pilotar de xeito remoto e envía a información que recolle a través de sensores. Ten diferentes usos: misións de busca e rescate, vixilancia, control aduaneiro ou investigación medioambiental. Este primeira demostración contou coa asistencia do Conselleiro de Industria, Francisco Conde.