19:39h. Lunes, 21 de octubre de 2019

A Noite Galega das Telecomunicacións celébrase en A Coruña

Celébrase o 29 de setembro no edificio Palexco. O enxeñeiro Paulino González e Mar Pereira, directora da Amtega, entre os galardoados.

XXV Noite das Telecomunicacións / AETG
XXV Noite das Telecomunicacións / AETG

A XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información se celebrará o vindeiro 29 de setembro no edificio Palexco da Coruña. Tradicionalmente a grande cita anual dos enxeñeiros de telecomunicacións celebrábase en A Toxa.

O lema desta nova edición é "Ciberseguridade, oportunidade para @s telecos". A Gala coincide co 25 aniversario da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, e nela realizase a cerimonia de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que constitúe un dos fitos principais do acto.

Nesta edición, pola súa traxectoria profesional e o seu compromiso co desenvolvemento do sector en galicia, o enxeñeiro de telecomunicacións, Paulino González Pan, recibirá o galardón de "Enxeñeiro do Ano" outorgado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia. Noutra das categorías, Mar Pereira, directora da Amtega, será galardoada como Socia de Honra 2017.