13:37h. Domingo, 25 de agosto de 2019

O Foro Enerxético de Galicia celebra a súa primeira reunión en Santiago

O obxetivo é impulsar o debate no sector enerxético en Galicia e lanzar propostas para a mellora das infraestruturas enerxéticas, a posta en valor da innovación e o coñecemento do sector.

Reunión de constitución do Foro Enerxético de Galicia / Dínamo Técnica.
Reunión de constitución do Foro Enerxético de Galicia / Dínamo Técnica.

O Foro Enerxético de Galicia é unha iniciativa non oficial e independente,  non vinculada a ningunha administración nen organismo empresarial ou grupo de interese, formada por enxeñeiros de recoñecido prestixio no sector da enerxía en Galicia. O voceiro deste grupo é Fernando Blanco Silva, enxeñeiro industrial, doutor en Desenvolvemento Sostible e director da revista galega de enerxía Dínamo Técnica, publicación fundada en 1999.

O obxetivo do Foro é impulsar o debate no sector enerxético en Galiciaa, así como lanzar propostas para a mellora das infraestruturas enerxéticas, a posta en valor da innovación e o coñecemento do sector.

A primeira reunión do Foro Enerxético de Galicia celebrouse en Santiago  pasado 15 de setembro en Santiago.